O turismo postCOVID-19, o próximo grande reto

Palexco acolleu esta tarde o primeiro Encontro Profesional de Turismo “Fase A Coruña” en Palexco tras o Estado de Alarma, en que participou a alcaldesa, Inés Rey, para abordar a necesidade de adaptar a cidade ao novo escenario pos Covid-19 con todos os retos que isto supón para a administración local. A rexedora falou de cambios no comportamento das e dos visitantes, que están agora máis concienciadas/os en materia ambiental e preocupadas/os pola seguridade nos seus desprazamentos.

Rey sinalou a importancia da colaboración público-privada no sector turístico e da creación dun Convention Bureau que sirva de plataforma de captación de eventos profesionais.

Ademais, lembrou o potencial da Coruña a nivel infraestruturas cun “Pazo de Congresos, ExpoCoruña, a lonxa e o porto, unha excelente rede hoteleira e hostaleira, unha atractiva oferta turístico-cultural complementaria e sobre todo, uns grandes profesionais do sector”. Para a alcaldesa, esta xornada converte A Coruña na primeira cidade en aplicar as directrices hixiénico-sanitarias para o sector congresos e supón un punto de encontro en que intercambiar coñecementos e experiencias cos principais axentes do sector coruñés, galego e outros destinos turísticos de proximidade como Xixón, Braga e Porto. Precisamente, a alcaldesa participou nun foro organizado por Radio Coruña Cadena Ser, en que debateu coas e cos homólogos destas cidades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s