
O selo “Comercio de Confianza” que impulsa a Cámara de Comercio, a Confederación de Empresarios da Coruña e a Federación Provincial de Comercio da Coruña acreditará as boas prácticas no cumprimento dos protolocos sanitarios, hixiénicos e de seguridade no comercio. O obxectivo do mesmo é, segundo Gonzalo Ortiz, director xeral da Cámara, “que tanto os clientes coma os traballadores dos establecementos comerciais sintan a total confianza en que o establecemento cumpre coas recomendacións das autoridades sanitarias”.
Esta iniciativa xorde un convenio co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo polo que as Cámaras de Comercio xestionan estas tramitacións en todo o territorio español. A tarifa do selo será de 50 euros, e logo de acreditar o protocolo de seguridade e hixiene seguido polo comercio, este obterá un distintivo que acredite as boas prácticas. A Cámara controlará, grazas a varias verificacións aleatorias, que as medidas de seguridade se cumpran efectivamente.