Ferido de bala nun brazo un home durante unha detención policial

Un home resultou ferido nun brazo por unha bala esta mañá durante un forcexo producido no transcurso dunha detención policial. Sobre as 03.50 horas desta madrugada, a Policía Local advertiu da condución anómala dun vehículo, polo que iniciou o seu seguimento. Nun determinado momento, os axentes pedirónlle ao condutor que parase, pero este incrementou a velocidade do coche e meteuse por dirección prohibida na rúa Regidor Somoza e a da Cormelana cara ao Orzán. A condución imprudente e a altísima velocidade do vehículo impediu á patrulla continuar coa persecución ante o risco de se producir un sinistro.

Minutos despois, os axentes observaron camiñando pola rúa Pío XII ás catro persoas que ocupaban o turismo en cuestión. Ao se percataren de que os seguían, os catro separáronse en dúas parellas, pero a Policía conseguiu detelos nunha zona próxima.


Durante a detención, produciuse un forcexo entre os axentes e un dos varóns e a arma dun dos policías disparouse, feríndolle no brazo ao individuo que estaba implicado na disputa. A Policía Nacional investiga o suceso e pola súa banda, o Concello abrirá unha información reservada para coñecer os detalles da actuación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s