A Deputación financiará ata 37 actuacións na comarca co Plan Único

A Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade no pleno de xuño a primeira achega do Plan Único (POS+2020), que suporá un investimento de 41 millóns de euros nos 93 concellos da provincia, dos cales 7,4 millóns financiarán ata 37 obras, servizos básicos ou gastos sociais de concellos da comarca coruñesa. Na cidade, esta achega económica será de 187.000 euros, destinada exclusivamente ao pagamento a provedores.

No resto da comarca, a construción de beirarrúas e mellora de estradas e camiños en Oleiros, Carral, Betanzos, Aranga ou Abegondo; a creación de redes de saneamento e abastecemento de auga en Arteixo, Cambre, Sada e Oza-Cesuras; as melloras no alumeado público en Bergondo e Coirós, a renovación do parque infantil da praza de Europa de Culleredo ou mantemento das fontes e lavadoiros do concello de Sada son algúns dos proxectos que contarán este ano con financiamento do POS+ provincial para a súa execución.

Outra parte importante do Plan Único (3 millóns de euros) destínase a financiar parte do gasto corrente dos concellos da zona. Con estes fondos, a Deputación colabora cos municipios no financiamento dalgúns servizos esenciais coma a limpeza de rúas e estradas, a recollida de lixo ou o alumeado público, que contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Só o Concello de Cambre destinará este ano parte ano fondos do POS+ 138.867 euros para reducir a súa débeda e tres destinan parte dos fondos a pagos a provedores, por un importe total de 243.081, 49 euros.

813.800 euros para gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19
O Plan Único conta este ano cunha achega especial de 4 millóns de euros procedentes de superávit para apoiar aos concellos da provincia nos gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19. Destes 4 millóns, os concellos da comarca coruñesa reciben un total de 813.800 euros, con cantidades que oscilan entre os  93.554 euros de Arteixo e os 19.433,59 de Coirós e que se destinan a cuestións coma o reforzo dos servizos municipais de Asistencia no Fogar ou a compra de equipos de protección (EPI).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s