O Traballo Social quere volver ás escolas

A Xunta de Goberno e o Grupo de Traballo Social e Educación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) reivindican, neste momento de crise, a figura do traballo social no sistema educativo galego. Desde a institución consideran que “tendo a referencia da crise de 2008, na que a infancia chegou a ser o grupo máis pobre do Estado Español ante a falta de resposta específica é indispensable adoptar medidas concretas para protexer a nenas e nenos”. Ditas medidas, explican, deben pasar por “detectar as necesidades socioeconómicas das familias e das crianzas que inflúen día a día nas súas vidas, dando unha rápida e axeitada resposta desde os centros educativos”.

As persoas expertas do Grupo de Traballo Social e Educación e a Xunta de Goberno piden á Consellería de Educación a “volta do traballo social aos centros educativos” porque “é clave a axuda técnica que favorece o establecemento e o fortalecemento das relacións entre o medio escolar, o familiar e comunitario, a integración escolar e social das e dos nenos que teñan dificultades de adaptación ao contexto educativo polas súas circunstanciais persoais, familiares ou sociais e a intervención sobre todos aqueles obstáculos que impiden o desenvolvemento integral da crianza” e isto, explican, “é un espazo específico da intervención do Traballo Social Escolar”.

Desde a Xunta de Goberno subliñan que “a introdución do traballo social no Estado comezou nos centros de educación especial a través de equipos multidisciplinares. O decreto 120/1998 do 23 de abril regula a orientación educativa e profesional e a Orde do 24 de xullo de 1998 na que se regula a figura do traballo social de xeito específico nos equipos de orientación”.

Desde o COTSG trasladan á Consellería que “o traballo social é fundamental para mellorar as posibilidades de aprendizaxe do alumnado, reducir o efecto das desigualdades socioeconómicas entre o estudantado, diminuír o risco de fracaso e abandono escolar do alumnado máis desfavorecido, favorecer a integración do alumnado, mediar entre a familia e a escola , favorecer a participación das familias, abordar as situacións de conflito, orientar e asesorar ao profesorado e ao centro educativo achegando a perspectiva social”. Ao fío disto engaden que “é necesario continuar avanzando na presenza do traballo social nos centros educativos en conxunto cos equipos interdisciplinares para posibilitar o traballo directo co alumnado, a familia e o profesorado ”. Apuntan que “o sistema educativo conta, nalgunhas CCAA con traballadoras sociais nos equipos, pero o número é extremadamente reducido para as necesidades do sistema e a urxencia de potenciar e reforzar protocolos de coordinación entre os servizos sociais, os de saúde e os educativos”.

A traballadora social do Grupo de Traballo Social e Educación, Laura Zapata explica que “o entorno familiar é o nivel de apoio inmediato para os menores, desde onde se deben cubrir as súas necesidades facendo uso dos recursos existentes na sociedade. Pero que sucede cando esta entorna non é segura?, cando non é de apoio? ou cando as familias non poden facer uso dos recursos?. Aí é onde se apreza a necesidade dunha análise e reorganización do sistema de protección e atención social.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s