Volve a iluminación

O concello recupera parte da iluminación pública que deixou de funcionar durante o confinamento con criterios medioambientais e de sustentabilidade. Desde a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade sinalan que un estudo sobre o gasto en luz durante as semanas en que non se podía saír da casa revela que se empregaron 2.320 euros menos semanais neste apartado con 15.477 kWH menos de consumo, o que suporía se a medida se estendera a todo o ano un aforro de máis de 120.700 euros, un 4,39% menos que a partida de 2019 e un descenso no consumo do 4,52%, comparado co rexistrado o ano pasado.

As zonas en que se reconectará a luz serán o parque de Oza, praza de Pontevedra, o parque Adolfo Suárez, as prazas da Palloza e Tabacos, a contorna da Torre de Hércules, os xardíns de Méndez Núñez, o parque do Paseo das Pontes, o tramo de Paseo Marítimo que vai de Labañou ao Portiño, o parque Europa, as prazas Recife, do Tebeo e de Portugal, o parque de Novo Mesoiro, a pista de baloncesto da rúa Fragas do Eume e a praza de Vigo.

A idea é manter apagados dous tercios do que se desconectou no estado de alarma para acender agora o tercio restante que inclúe os perímetros máis transitados. Seguindo as premisas que abogan pola eficiencia enerxética e tras a adhesión esta semana ao manifesto Slowlight, permanecerán sen luz outras instalacións que non teñen actividade de noite e irase restaurando a iluminación dun xeito paulatino.

Slowlight
A Coruña foi a primeira cidade en facer público o seu compromiso coa iluminación sustentable e en participar na Rede de Cidades Slowlight de próxima creación, dentro da iniciativa Slowlight, que integra o que reflicte a Declaración da Palma do ano 2007 en defensa do dereito das persoas á contemplación dun ceo escuro non contaminado. Esta aposta ofrece ferramentas para un modelo de planificación, xestión e explotación municipal responsable da rede de iluminación.

O obxectivo é  impulsar unha maior implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, do termo municipal e a súa contorna en favor dunha política sostible propiciando unha nova cultura de iluminación pública pensada para a cidadanía. Trátase de dar un paso máis no cumprimento dos obxectivos da axenda urbana 2030 a través dunha transición enerxética de cara a unha descarbonización da economía e a un uso responsable dos recursos.

O concello recupera parte da iluminación pública que deixou de funcionar durante o confinamento con criterios medioambientais e de sustentabilidade. Desde a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade sinalan que un estudo sobre o gasto en luz durante as semanas en que non se podía saír da casa revela que se empregaron 2.320 euros menos semanais neste apartado con 15.477 kWH menos de consumo, o que suporía se a medida se estendera a todo o ano un aforro de máis de 120.700 euros, un 4,39% menos que a partida de 2019 e un descenso no consumo do 4,52%, comparado co rexistrado o ano pasado.

As zonas en que se reconectará a luz serán o parque de Oza, praza de Pontevedra, o parque Adolfo Suárez, as prazas da Palloza e Tabacos, a contorna da Torre de Hércules, os xardíns de Méndez Núñez, o parque do Paseo das Pontes, o tramo de Paseo Marítimo que vai de Labañou ao Portiño, o parque Europa, as prazas Recife, do Tebeo e de Portugal, o parque de Novo Mesoiro, a pista de baloncesto da rúa Fragas do Eume e a praza de Vigo.

A idea é manter apagados dous tercios do que se desconectou no estado de alarma para acender agora o tercio restante que inclúe os perímetros máis transitados. Seguindo as premisas que abogan pola eficiencia enerxética e tras a adhesión esta semana ao manifesto Slowlight, permanecerán sen luz outras instalacións que non teñen actividade de noite e irase restaurando a iluminación dun xeito paulatino.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s