Fernando Vázquez pide “non relaxarse” agora que “estamos preto”

O Dépor achégase á permanencia, que semellaba utópica hai escaso medio ano. Fernando Vázquez manifestou onte logo da vitoria 2-1 sobre a SD Huesca que “cando o obxectivo está preto ás veces é cando máis lonxe está. Vimos dunha situación durísima. Agora vemos o obxectivo preto pero non o temos aínda. Hai que ter moito coidado con este tipo de sensacións e de calma que parece que entra. Eu xa vivín a situación nalgún equipo que me faltaba nada para conseguir o obxectivo e non o conseguín. Estamos preto pero non o conseguimos aínda e o equipo non pode relaxarse en absoluto”.

Subliña o técnico deportivista que “no primeiro tempo estivemos ben situados. Estivo máis avanzado que no segundo. Metéronnos ese gol, outro gol de centro que temos que revisar. No segundo tempo, co 2-1 a favor, quizais nos fomos un pelín atrás, afundímonos demasiado. É algo que deberiamos evitar. Cambiamos o comportamento, fixémonos máis conservadores. No primeiro tempo obrigábanos o marcador”.

Alégrase “especialmente” por Christian Santos, autor do segundo gol, ao cabo definitivo: “Sei que está a sufrir. Cando xogo cun punta só, é difícil para todos os puntas. E nesta situación, que entre un dianteiro e faga gol éncheme de alegría. Especialmente que sexa Christian que fixo un gran traballo e marcou un golazo”.

Confesa estar “máis tranquilo na bancada que no banco. É unha sensación diferente. Véxoo perfectamente. Analizo mellor, iso é verdade; aínda que estás afeito estar no banco. Para un adestrador estar arriba é marabilloso. A pena é que segundo o regulamento un adestrador non pode estar arriba e abaixo. Gustaríame poder cambiar arriba ou abaixo, a elección do adestrador”.

Unha necesaria vitoria
No partido de onte, o Deportivo venceu a un dos grandes candidatos ao ascenso, a SD Huesca, nun encontro que comezou perdendo, ao que lle deu a volta antes do descanso e no que aguantou estoicamente na segunda parte para sumar 3 novos puntos rumbo á permanencia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s