‘Nocturnia’ ofrece lecer saudable á mocidade

Volve o programa de lecer saudable Nocturnia, unha iniciativa que inclúe varias actividades de balde para axudar a persoas entre 12 e 30 anos a planificar a súa fin de semana. A programación desta edición inclúe actividades coma o surf, pádel, patinaxe, piragüísmo, escalada, roteiros por distintas zonas da provincia -Camelle, illas SIsargas, monte Louro…- e obradoiros de fotografías, banda deseñada ou collaxe.

Nocturnia está organizado pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, a través do Servizo de Mocidade, con financiamento do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. A concelleira do ramo, Yoya Neira, reivindicou hoxe o papel do Concello no reforzo dos programas de mocidade.

A programación deste ano adáptase á situación causada pola epidemia de COVID-19, polo que se seguirán as recomendacións sanitarias para previr o contaxio. As mozas e mozos participantes deben utilizar máscara durante as actividades. Toda a información pode atoparse online. O prazo de inscrición para a primeira semana de actividades arrinca hoxe e pecharase o xoves 9 ás 12h.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s