
O carril habiltiado nos Cantóns durante o estado de alarma e o confinamento consolídase como vía peonil. O Concello comezou hoxe os traballos para que esta ruta que permite pasear mantendo a distancia de seguridade sexa permanente. Os traballos durarán preto de tres días. O valado será substituído por 125 bancos de pedra situados ao longo da vía, por bordos de granito e por elementos ornamentais. Instalaranse ademais sinais verticais e na calzada para que os condutores non circulen polo carril.