PEMEs e autónomos poden pedir xa as axudas do PRESCO

O Concello vén de habilitar unha oficina de xestión das axudas do PRESCO no Papagaio. Persoas autónomas e pemes poden solicitar desde o 7 de xullo e ata o 15 de setembro as axudas para o impulso e mantemento da actividade económica dentro deste Plan de reactivación económica e social. O plan municipal achega 6.235.000 euros en axudas para o mantemento da actividade, fomento do emprego e transformación dixital. As axudas serán dun máximo de 6.200 euros e serán compatibles con calquera outra subvención.

O concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, indicou que o PRESCO, que naceu do acordo de todas as forzas políticas municipais, “é unha ferramenta pensada co fin de que ninguén quede atrás”.

Poden solicitar as subvencións os traballadores autónomos de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. Tamén as sociedades que teñan condición de pequena empresa -ncluíndo as sociedades civís ou comunidades de bens-.

O importe global das subvencións é de 6.235.000 euros divididos en dúas liñas. A primeira é de apoio e mantemento da actividade económica, e está dotada con 4.900.000 euros. Cobre ata 3.700 euros por beneficiario. Poden solicitala autónomos e empresas da Coruña que estivesen de alta antes do 14 de marzo. Subvenciona o pagamento de cotas de autónomos e de Seguridade Social -cun máximo de seis meses- e pódense solicitar 1.500 euros para alugueiro de locais, así como 600 euros para os xuros dos créditos ICO. Tamén se incentiva a contratación con ata 1.500 euros por contrato indefinido ou temporal, de máis dun ano. A cantidade subirá até os 2.000 euros se a persoa contratada é muller, ten máis de 45 anos ou son persoas con diversidade funcional ou intelectual do 33% ou superior.

A segunda liña comprende case 1.300.000 euros para subencionar investimentos, cun máximo de 2.500 por beneficiario. As axudas oriéntanse á mellora, adaptación e transformación dixital das empresas. Ademais, daranse subvencións de até 600 euros para adaptar fisicamente os locais ás novas normas de seguridade e hixiene derivadas do coronavirus.

As axudas á transformación dixital están pensadas para crear ou mellorar páxinas web (até 800 euros), pór en marcha sistemas de comercio electrónico (até 2.000 euros), para novas formas de márketing 4.0 (até 2.000 euros), para implantar novas ferramentas de xestión (até 2.000 euros) e para adquirir dispositivos de pago seguros como os TPV, con axudas de até 500 euros.

As solicitudes deberán presentarse a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s