O futuro da mobilidade urbana será peonil

A futura ordenanza de mobilidade na que traball o Concello definirá un uso do espazo público que inclúa a regulación de vehículos de mobilidade persoal, carrís bici ou transporte de mercadorías. O obxectivo é que a nova ordenanza se centre “nas persoas”, segundo declararon fontes municipais logo da xuntanza da Mesa pola Mobilidade.

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, esta nova ordenanza definirá “o uso do espazo público, dándolle prioridade á mobilidade peonil, ao transporte público, e garantindo a saúde, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal, así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa”. O concelleiro convidou ás entidades que conforman esta Mesa a presentar as súas acheas para a redacción do documento. Villoslada considerou que a actual normativa está obsoleta, xa que se produciron “numerosos cambios lexislativos e, sobre todo, sociais”. edil puxo como exemplo a Ordenanza municipal de circulación, que se refire fundamentalmente ao automóbil e aos vehículos motorizados privados e que nin sequera regula o transporte público. Sinalou que tampouco existe unha norma sobre ocupacións de dominio público, (como vaos e prazas reservadas) excepto a Ordenanza de terrazas en espazos de uso público, de 2013.

A nova ordenanza incluirá aspectos como o fomento dos vehículos non motorizados e do transporte público ou o uso racional do espazo urbano. A norma redactarase de acordo coa Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sustentable aprobada por unanimidade do pleno municipal o ano pasado. Esta declaración pretende a implicación de toda a cidadanía a prol dunha política de mobilidade sustentable e un crecemento urbano centrado na cohesión social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s