Novos aparcadoiros para caravanas

Desde este luns, 13 de xullo, A Coruña contará con dúas novas zonas para aparcar autocaravanas. A Área de Mobilidade do Concello da Coruña anuncia que no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae convertiranse 13 prazas de estacionamento exclusivo de autobuses en aparcadoiros para autocaravanas no período comprendindo entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Pola súa banda, o aparcadoiro do Paseo Marítimo- Ascensor do Monte San Pedro contará con 11 prazas de estacionamento para este tipo de vehículo de forma permanente.

Tamén crearanse 7 prazas para autocaravanas no aparcadoiro da Torre de Hércules, en que actualmente está permitido estacionar en horario diurno de 8 a 22 h, pero estaría prohibido o estacionamento nocturno. A sinalización da Área de Servizo de Autocaravanas localizada no Portiño reforzarase e marcarase a delimitación das prazas.

Desde a Área de Mobilidade sinalan que se van colocar paneles orientativos para guiar as persoas condutoras da autocaravanas a estas zonas e que a sinalización existente modificouse para así acondicionala á situación actual do peche ao tráfico do Paseo Marítimo no tramo do Portiño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s