As familias dos rapaces das bolsas USA recuperarán os cartos

O Concello acorda coa empresa CLS idiomas o rembolso pago das bolsas USA, que tiveron que cancelarse por mor da crise da Covid-19. As 60 familias dos rapaces e rapazas que ían desfrutar deste programa educativo internacional foron informadas na tarde de onte de que se lles devolverán as cantidades abonadas.

O concello cancelou as becas USA o pasado 5 de xuño pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decidiu non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así que deixou sen efecto a resolución en que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.º da ESO, en que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.º de Bacharelato nos Estados Unidos.

A alcaldesa, Inés Rey, comprometeuse “a estudar unha solución para estes alumnos bolseiros de cara ao seguinte curso académico, sempre que sexa legalmente posible”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s