O Dépor encara con baixas o seu partido máis importante

O Deportivo encara o choque desta tarde ante o CF Fuenlabrada ás 21h con todo o seu cadro; é dicir, cos 28 futbolistas que Fernando Vázquez tivo ás súas ordes durante esta etapa final da liga post-confinamento. Iso si, non poderán xogar ante o conxunto madrileño por lesión Somma, Uche e Álex Bergantiños; ademais de Eneko Bóveda, sancionado por acumulación de amoestacións. Neste sentido, Fernando Vázquez lembra que “tivemos baixas importantes nesta parte da liga. Caeunos Peru… Agora Álex nun partido importante. Pero non me vou a acordar deles á hora de facer unha aliñación, de facer un equipo. Aínda que son importantes, espero que estas baixas non sexan determinantes”, indica.

Na sesión de onte na Cidade Deportiva, o técnico deportivista, após un quecemento con xogos e rondos, dispuxo dunha tarefa de posesión e un partido a tres cuartas partes do campo 2. Todo o equipo se concentrou esta mañá, á espera do partido en Riazoe, o último encontro desta tempada, onde xoga a permanencia.

Sobre o xogo de hoxe, o adestrador Fernando Vázquez salientou que “o equipo e o adestrador están enteiros, confiados en conseguir unha vitoria. Cremos que se a conseguimos, salvarémonos”. A pesar de que “non dependemos de nós, a nosa situación non cambiaría. Se dependésemos de nós teriamos que gañar o partido. E como non dependemos de nós, tamén temos que gañar o partido. Temos que gañar o partido de todas todas. Niso estamos, a gañar o partido. Unha vez gañado, teremos que mirar que pasou noutros campos. E considero que temos certas opcións se cumprimos ben o noso traballo”.

Do rival, o CF Fuenlabrada, que cun empate clasificaríase para o playoff de ascenso, vaticina o técnico deportivista “un equipo como non atopamos nunca na categoría, que nos espera. Vai ser diferente ao que nos atopamos até agora”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s