A Asociación Veciñal Novo Mesoiro suspende a cota de 2020

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Novo Mesoiro anunciou onte a súa decisión de proceder á exención da cota anual ordinaria ao conxunto das persoas socias. Faino entendendo que a pandemia da COVID-19 “da que aínda hoxe seguen a existir rebrotes en zonas moi achegadas ao noso barrio” producirá, como xa produciu ata agora, que “moitas persoas e familias teñan unha situación vital moi complicada”.

A Asociación lembra que “Novo Mesoiro é un barrio composto por familias traballadoras, que xa sufriu o impacto da perda de postos de traballo consecuencia do paulatino peche das industrias da nosa comarca, Isowat, Hércules de Armamento, Meirama, Alcoa-Alu ibérica etc, ou do sector do telemarketing e centros de chamadas”. Ante esta realidade, coidan “máis que oportuno” non pasar a cota correspondente a 2020, ao entender que se trata do seu “deber”.

Esta exención non evitará continuar coa actividade cotiá, dentro das limitacións impostas pola pandemia. A principal modificación é que as Festas de Verán se adían ata 2021. O Magosto Samaín celebrarse en novembro e a actividade dos Xogos Lúdicos antes do Nadal se a situación o permite, en ámbolos dous casos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s