A Xunta investiga se o Fuenlabrada agochou información

O Goberno galego abrirá unha investigación ante a sospeita de que a viaxe do CF Fuenlabrada para o seu partido de onte co Deportivo, finalmente anulado, se produciu aínda sendo coñecedor o equipo dos positivos por COVID-19. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, informou por carta ao presidente da Liga, Javier Tebas, sobre este aspecto, ademais de Luis Rubiales, presidente da RFEF, e ao presidente do Fuenlabrada, Jonathan Praena. Tamén foi informada a presidenta do Consejo Superior del Deporte, Irene Lozano.

Na carta, Almuiña explica que os servizos de epidemioloxía e medicina preventiva da Consellería e do Sergas se puxeron en marcha tan pronto recibiron aviso do acontecido, ás 20:17h da tarde de onte. A Xunta puxo en corentena e seguiu os contactos do equipo madrileño para identificar posibles contaxios. Esta mañá realizáronse ata 46 PCR no Hotel Finisterre, onde se aloxa o equipo.

O titular da Consellería de Sanidade sinala na misiva que “se deron instrucións aos servizos de Inspección de Saúde Pública para a apertura dunha información reservada previa para valorar se se levou a cabo axeitadamente o cumprimento dos correspondentes protocolos”. Especificamente, indican, para saber se “o traslado se produciu cando xa se coñecía algún caso positivo” nas probas do club madrileño. O conselleiro recorda que todos os laboratorios, de calquera titularidade, que realizan probas de COVID-19 están na obriga de informar dos resultados ás autoridades sanitarias autonómicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s