O Deportivo denuncia a adulteración total da competición

O RC Deportivo foi o máis prexudicado pola decisión de onte, acordada entre a Liga e a RFEF, de suspender só o seu partido co Fuenlabrada no canto de toda a competición. Situado xa en postos de descenso, o equipo coruñés estuda empregar todas as accións legais ao seu alcance para denunciar a situación orixinada ante o abrocho de COVID-19 entre os xogadores do Fuenlabrada, cuxo primer caso foi detectado o sábado pasado, antes de viaxar á Coruña.

O presidente da entidade, Fernando Vidal, e o conselleiro do Real Club Deportivo, Antonio Armenteros, compareceron en rolda de prensa en Riazor. O presidente branquiazul sostén que ao xogarse o resto da xornada salvo o Dépor-Fuenlabrada “cométese un gravísimo erro por parte da Federación e LaLiga. Hai unha adulteración total da competición. Nas 2 últimas xornadas téñense que disputar todos os partidos que son dependentes á mesma hora. Os árbitros antes dos partidos están pendentes de empezar á mesma hora, no descanso igual. E por tanto a adulteración da competición é total e absoluta”.

Subliña Fernando Vidal que “non é o mesmo que o Deportivo estea a xogar aquí en Riazor e os demais equipos, porque presionamos aos rivais; ou que xoguemos xa descendidos. Imos ir a por todas”. Por conseguinte, “non me considero un equipo descendido”, insiste o presidente deportivista na súa intervención. Fernando Vidal cualifica a última xornada de liga como “irregular. Incumpriuse gravemente o principio de igualdade que debe de existir na mesma”.

Accións legais
Logo de coñecer o acordo do adiamento do encontro da 42ª xornada de LaLiga: RC Deportivo – CF Fuenlabrada, e a celebración do resto da xornada en horario unificado, o Dépor manifestou ante a Liga, RFEF e CSD a súa oposición frontal a tal decisión, “ao entender que se adultera a competición e o espírito das dúas últimas xornadas con partidos cuxos resultados inflúen nos demais”.

O club manifesta ter cumprido “escrupulosamente” os protocolos sanitarios e acusa de incomparecencia ao Fuenlabrada. O Deportivo da Coruña estudará e emprenderá “todas as accións legais necesarias, antes as instancias correspondentes, en defensa dos seus lexítimos intereses”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s