Houbo ocultación de casos, di o CSD

Logo de horas de silencio, o Consello Superior do Deporte emitiu un comunicado esta tarde onde defende a súa actuación e apunta cara ao CF Fuenlabrada e La Liga pola cadea de erros que desenvocou na viaxe á Coruña de xogadores infectados de COVID-19 e posterior suspensión do partido do Dépor -sen que se anulase o conxunto da xornada-.

O CSD sinala que a Liga e mais o club tiveron coñecemento do primeiro positivo na noite do sábado 18, sen que se procedese a comunicalo ás autoridades sanitarias. O domingo á noite xa se coñecían outros tres positivos, polo que oficialmente podía considerarse un abrocho de coronavirus (a partir do terceiro) e o feito de non comunicalo ás autoridades competentes non ten xustificación. O CSD lembra que o protocolo obriga a realizar probas ao resto de persoal do equipo, que debería permanecer illado ata obter os resultados. Esta afirmación significa que a viaxe á Coruña non podía terse producido.

O Consello defende a súa decisión de anular o partido do luns -o que practicamente supuña o descenso automático do Deportivo á Segunda B- coa información con que contaba naquela altura.

No comunicado, o CSD acusa ao Fuenlabrada de pór “en risco a saúde dos xogadores, a saúde pública e a competición no seu conxunto”. Por iso esixe á Liga e á RFEF que estuden o caso e apliquen “as medidas que consideren oportunas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s