“Queremos que se esclarezan as circunstancias e que se depuren responsabilidades”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que desde o concello xa presentaron as alegacións oportunas ante a Fiscalía Provincial da Coruña en que dan conta dos feitos relacionados co partido suspendido entre o Deportivo e o Fuenlabrada do pasado luns: “É un escrito bastante extenso onde se destacan as competencias que ten o concello en materia de protección de saúde pública”.

Á vista dos acontecementos, a alcaldesa sinalou que remitiron un resumo dos datos obxectivos que se sucederon desde as primeiras probas que lles realizaron aos xogadores do Fuenlabrada até a xornada de onte para pedir dilixencias de investigación co fin de que se aclare se houbo coñecemento previo da situación, xa que de saberen o rebrote: “por que non se lles comunicou ás autoridades sanitarias da comunidade de Madrid e tomaron a decisión de viaxar á cidade? Queremos que se esclarezan as circunstancias e que se depuren responsabilidades en caso de habelas, xa sexa por vía penal ou administrativa”.

Canto ao seu posicionamento público no tema, Rey afirmou que “trato de facelo co máximo rigor e seguridade e, neste caso, tomei moi en serio este tema e defendín desde o primeiro momento que existe unha neglixencia”, polo que “o comunicado do Consello Superior de Deportes avala a decisión do concello e dáme máis tranquilidade”.

Fronte aos comentarios en que a critican por buscar protagonismo, Rey aclarou que “defendo a miña cidade e vou a facelo sempre e ante calquera”. A alcaldesa engadiu que sería positivo para todas e todos que deixasen de distraer a atención do punto importante para responderen sobre que pasou e como se autorizou que viaxase o equipo madrileño con positivos até A Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s