O Dépor anunciará hoxe as súas próximas accións

O Dépor emitiu na tarde de onte un comunicado no que amosou a súa “sorpresa, malestar e estupefacción ante a sucesión de comunicados” da fin de semana. Na tarde do domingo fíxose público o ditame de Manuel Rivero González, xuíz de Disciplina Social da Liga, quen considerou que o resultado do partido contra o Fuenlabrada, finalmente anulado, era “absolutamente intrascendente” para o Deportivo “ao ter descendido xa á Segunda B”. O xuíz acusou ao Dépor, sen citalo, de buscar réditos na situación, acusación que fixo extensiva aos políticos galegos, como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ante a súa reacción polo perigo ao que o Fuenlabrada someteu á poboación da Coruña.

O Dépor fai constar no seu comunicado “que LaLiga comunicou a este Club ás 10:37 horas” do domingo 26 “a apertura dun expediente disciplinario de 113 páxinas ao Fuenlabrada -iniciado o pasado día 22- e outorgou a este Club un prazo” -ata as 15h de hoxe- “para realizar alegacións e achegar probas”. O Deportivo recorda que é “parte ademais en dous procedementos abertos ante a RFEF por incumprimento das normativas estatutarias e regulamentarias vixentes e realizou as correspondentes alegacións fixando os feitos sucedidos e achegado probas en defensa dos seus intereses”. O Club anunciará hoxe ” as medidas a adoptar e a súa postura oficial ante un atropelo de semellante calibre”.

No seu comunicado do sábado, LaLiga eloxiara a actitude do Fuenlabrada, que non xogará o playoff do ascenso -será o Elche quen teña esa oportunidade-. O propio Javier Tebas, presidente da Liga, asumíu en twitter a responsabilidade pola viaxe do equipo á Coruña.

O pasado venres, o adestrador Fernando Vázquez aseverou que “aquí hai unha afección gravemente ferida, un Club co que se xoga desde os despachos coa súa viabilidade. A min paréceme demasiado grave. Non podes tomar unha decisión para facer mal podendo ter un ben maior, que sería suspender a competición. Porque quen estaba deliberando optase por isto non o podo entender”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s