Próxima ampliación da beirarrúa en Pedro Barrié de la Maza

O Concello anunciou onte que acometerá en breve obras de ampliación e mellora da seguridade viaria na avenida de Pedro Barrié de la Maza, entre as rúas Modesta Goicouría e Rubine. O proxecto contempla ampliar a beirarrúa do carril máis próximo aos edificios e reordenar a sinalización horizontal. Deste modo quedarán dous carrís para cada sentido. Os traballos durarán dous meses e custarán algo máis de 33.000 euros.

As obras encádranse no plan xeral municipal para mellorar a mobilidade urbana sostible, co ollar posto nas necesidades dos viandantes. A accesibilidade e a seguridade da área adaptaranse á normativa vixente. Na actualidade, o ancho variable da beirarrúa fai que existan tramos onde non se cumpren os anchos mínimos en materia de accesibilidade. De feito, nestas zonas os soportais do edificio actúan como unha importante barreira arquitectónica.

Os pasos de peóns nos extremos da zona de obra reúnen habitualmente a moitos viandantes por estar comunicados co Paseo Marítimo e coa praia de Riazor. Nesta zona, onde existen cinco carrís, haberá só catro cando rematen as obras, sen afectar á capacidade da vía.

O pavimento que se deixará na zona será similar ao novo do paseo marítimo. Haberá, na zona central do tramo de obras, unha zona de estacionamento temporal para facilitar o acceso e servizo do centro de día de maiores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s