Galicia controlará viaxeiros polo risco de COVID-19

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e estivesen nalgún intre dos 14 días previos á chegada en territorios cuxa incidencia epidemiolóxica sexa 3’5 veces superior á da comunidade, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, incluso se residen habitualmente en Galicia. Sanidade quere así acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus. A medida inclúe mesmo comunidades autónomas españolas. A Consellería de Sanidade publicou hoxe por primeira vez, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a listaxe dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica requira desta obriga. A listaxe actulizarase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.

Neste momento, é obrigatoria a notificación ás autoridades por parte das persoas que veñan de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e La Rioja, dentro de España. Cando proveñan do estranxeiro, deberán notificalo se veñen de calquera país africano ou algún dos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, St Martin, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica ou Nicaragua.

Se veñen de Asia, deberán comunicar os seus datos se estiveron en Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia ou Vietnam.

En canto a procedencias europeas, deberán notificar aqueles viaxeiros que cheguen a Galicia dende Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia ou Ucraína.

Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Estas persoas que visiten ou volvan a Galicia contarán con vintecatro horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros. Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, poderán ser sometidos a unha proba diagnóstica sen custe. Os establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxe estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes. Tamén as empresas que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s