O Dépor pide que se dea por perdido o partido ao Fuenlabrada

O Deportivo non está disposto a ceder ante o “atropelo” que comezou a semana pasada coa anulación do seu partido ante o CF Fuenlabrada logo da detección de varios positivos por COVID-19 entre o equipo madrileño. Positivos dos que, posteriormente, se sabería que foran coñecidos e ocultados antes da viaxe á Coruña por parte do club visitante. Nun comunicado feito público onte, o Dépor volveu pedir a anulación de todos os encontros da xornada 42 da Liga, a suspensión da tempada futbolística 2019-2020 a todos os efectos e a ampliación do número de equipos participantes da tempada 2020-2021 para evitar “prexuízo algún a todos os Clubs afectados con opcións matemáticas de ascenso e descenso”. Ademais, esta mañá enviou un escrito ao Comité de Competición da RFEF para solicitar que se dea por perdido o encontro ao Fuenlabrada.

No comunicado, o Dépor reitera que non considera “válidos os resultados producidos na última xornada, ao incumprirse a normativa de disputa en horario unificado, o cal representa unha flagrante adulteración da integridade de LaLiga de Segunda División”. O equipo coruñés ve parcialidade nas decisións e declaracións da Liga, e lamenta “as manifestacións realizadas polo Xuíz de Disciplina Social de LaLiga con relación ás institucións e autoridades políticas de Galicia, pois consideramos que non é o ámbito propio para as mesmas e evidencian unha parcialidad anticipada que xa foi denunciada por este Club”. O club considera que Javier Tebas, presidente de LaLiga, asumira, xa no mes de xullo de 2019 “un deber de abstención por cuestións de vinculación familiar fronte a calquera decisión que afectase o CF Fuenlabrada, SAD, sen que, aparentemente, fose respectado o referido deber”. Recordan que o propio Tebas recoñeceu “que el mesmo adoptou a decisión de adiamento do partido e asumiu toda a responsabilidade da viaxe do referido club á cidade da Coruña”.

O equipo coruñés ten abertas tres vías neste momento en defensa dos seus dereitos. A primeira é un recurso contra o Acordo do Comité de Competición de Aprazar a disputa do partido Deportivo vs. Fuenlabrada por razóns de forza maior sanitaria. Dado o incumprimento da Circular 93 RFEF de horario unificado das dúas últimas xornadas de LaLiga de Segunda División, recorreuse este acordo ante o Comité de Competición por parte do Real Club Deportivo. O Comité de Competición resolveu o recurso declarándose incompetente e remitindo o expediente á Secretaría Xeral da RFEF

A segunda é un Expediente Sancionador ao Fuenlabrada que o Dépor solicitou á Federación. O club considera que o equipo madrileño incumpriu ata tres artigos do Regulamento Xeral da Federación de Fútbol. Concretamente, o 68 (condutas contrarias á boa orde deportiva), o 74 (omisión do deber de asegurar o correcto desenvolvemento dos espectáculos deportivos que impliquen riscos para os participantes nos mesmo) e 104 1.f (ao non contar cun médico adscrito ao seu cadro na viaxe á Coruña).

É neste segundo procedemento onde o Dépor solicita as súas tres reivindicacións básicas. A primeira, a anulación da xornada 42, “por adulterar e vulnerar gravemente as normas da competición e o normal desenvolvemento da mesma, ao non respectarse a Circular 93 da RFEF en canto á disputa en horario unificado”. A segunda, a suspensión da tempada que vén de rematar, o que significaría a suspensión inmediata da tramitación de ascensos e descensos na 2º división, mentres non se finalicen os expedientes abertos. E, a terceira, unha liga de 2ª cun número aumentado de equipos para que non haxa prexudicados.

Vía penal
A terceira vía do Dépor é a penal. Ante a denuncia xa presentada polo Concello da Coruña, a Fiscalía Provincial da Coruña comezou a practicar urxentemente dilixencias de investigación dirixidas á Xunta de Galicia, á Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid e ao Consello Superior de Deportes para coñecer a información previa dos contaxios do Fuenlabrada por se houbo incumprimento normativo. O Dépor prevé que este asunto chegue a un xulgado de instrución da Coruña, momento no cal o Real Club Deportivo e outros grupos de interese como a Federación de Peñas poderán acudirse e defender os seus intereses, así como solicitar medidas cautelares.

O Dépor reitera que “na batalla en defensa dos intereses do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, da cidade da Coruña e de Galicia” prevé esgotar “todas as vías de defensa” e acudir “a todos os estamentos que tutelan a actividade deportiva profesional, reclamando a aplicación da normativa fixada para o normal desenvolvemento da competición, denunciando escenarios de abuso de autoridade e decisións discrecionales, coas consecuencias que de todo iso se deriven”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s