O futuro de Labañou: doce bloques cun 40% de vivendas de protección oficial

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá ao proxecto do Plan especial de Labañou PE M18, un proxecto promovido pola Asociación de propietarios “As Percebeiras”. Se consegue a avaliación favorable da Xunta, o Pleno terá a última palabra para a súa aprobación inicial.

O polígono, situado entre o Paseo Marítimo, a avenida de Labañou, xunto ao grupo de vivendas de María Pita e o centro Padre Rubinos, contará con 12 bloques con 371 vivendas, cun 40% destinadas a vivendas de protección oficial. O plan tamén prevé construír un grande aparcadoiro público con 358 prazas e locais comerciais.

O Concellosinala que pretende así a “ordenación de calidade para o ámbito e que a súa incorporación na trama urbana co grupo de vivendas María Pita resulte beneficiosa para a contorna”. Tamén quere “conectar a avenida de Labañou coa rolda de Outeiro; obter un espazo libre xunto ao Paseo Marítimo que permita unir os xardíns de Torrente Ballester e o Paseo Marítimo coa creación dun grande espazo verde e concentrar a edificación ao outro lado da vía de conexión entre a avenida e a rolda”. Prevense 60.000 m2 edificables, cun 83,33% de uso residencial.

A Xunta de Goberno Local aprobará tamén o proxecto de reparación da ponte da avenida da Universidade sobre a avenida García Sabell, cun orzamento de 884.013 euros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s