Labañou gañará ata 150 vivendas sociais

Un total de 150 pisos do polígono de Labañou destinaranse a vivendas de protección oficial

O plan para Labañou, aprobado esta mañá pola xunta de goberno, prevé que 150 pisos do polígoño de Labañou sexan destinados a vivendas de protección oficial, ademais de construír un aparcadoiro público con 358 prazas de capacidade que paliará “o déficit de prazas” no barrio, segundo sostén o Concello. O proxecto do Plan Especial de labañou PEM18, que foi promovido pola asociación “As Percebeiras” de propietarios, será enviado agora á Xunta para que faga unha avaliación ambiental, previa ao trámite en pleno municipal.

Juan Díaz Villoslada, edil de Urbanismo, defendeu que a actuación incrementará o parque público de vivenda local e tamén servirá para crear un espazo verde de 14.000 metros cadrados no barrio.

Outros asuntos
Esta mañá tamén foi aprobada a reparación da ponte da avenida da Universidade sobre a avenida García Sabell. Ademais, informouse de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Galicia, TACGal, fallou contra o Concello e obriga a anular o procedemento de adxudicación do Servizo de conterización, recollida e transporte de residuos urbanos, por exclusión da oferta da UTE Valoriza Scios Ambientales y Arias Infraestruturas SA. O mesmo tribunal obriga ao Concello a retrotraer o expediente á fase de valoración de propostas ante o recurso da UTE Copasa-Geseco-Setect Building.

Noutra orde de asuntos, foi autorizada a suspensión do servizo público das Escolas Infantís Municipais ata o 1 de agosto, cando se continuará coas tarefas de matrícula. Tamén se aprobou a resolución por mutuo acordo do contrato de servizos para organizar e xestionar o programa educativo municipal “Bolsas USA”, cancelado pola pandemia.

A Xunta de Goberno tamén lle concedeu a Abeconsa SL unha licenza para modificar o proxecto de construción dun edificio no soar 14 na rúa Marqués de Amboage co fin de reducir o número de vivendas de 24 a 22, modificar a distribución das vivendas, de dous rochos e do local comunitario da planta baixa.

Por outra banda, estimouse de maneira parcial o recurso presentado por un particular contra as bases da convocatoria das Escolas Infantís Municipais. Deste modo abrirase un novo prazo de solicitude cando haxa vacantes. Nesta nova convocatoria, poderán solicitar praza as persoas empadroadas con posterioridade ao 1 de xaneiro.

Tamén se aprobou a concesión dunha subvención á Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña por un importe de 200.000 euros, e outra ao Hóckey Club Liceo da Coruña por 95.000 euros. Aprobáronse, ademais, os pregos para a contratación do deseño, subministración e instalación da iluminación ornamental do Nadal e do Entroido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s