O Traballo Social ofrécese para “rastrexar” a COVID-19

O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) ofrécelle á Xunta poñer a figura profesional do traballo social como “chave” no traballo de rastrexo da COVID-19. A institución explica que é un traballo que levan desenvolvendo xa “durante vinte anos nas Unidades de Prevención e Control da Tuberculose” desde as que se fai un “censo de contactos”. A Xunta de Goberno do COTSG alude á “información privilexiada en canto ao entorno familiar e relacións sociais” destes profesionais, que fai deles “o perfil idóneo para levar a cabo o rastrexo”. Ademais, sosteñen que “tras varios estudos estase a comprobar que o virus incide de xeito máis agresivo coas persoas máis vulnerables, pola súa maior exposición ao mesmo”. Esta circunstancia “tamén pode servir como base para entender que o Traballo Social sería o perfil axeitado para levar a cabo esta labor de xeito profesionalizado e áxil”, defenden.

Na cuestión de cobertura de prazas indican que “existen traballadores e traballadoras sociais formadas nas listas de contratación temporal do SERGAS con dispoñibilidade para prestar este tipo de servizo, sendo a vía de acceso máis axeitada por garantir igualdade, xustiza e transparencia no acceso”.

Por outra banda, desde o COTSG explican que o colectivo do traballo social é un “coñecedor experto da situación socioeconómica galega, polo que unha estratexia para paliar e reducir os efectos da crise sanitaria e económica pasa, inescusablemente, pola figura do traballo social”. Ademais, explican que “a ou o traballador social xera seguridade e confianza no paciente e fai un importante traballo coas emocións e tamén explica como se debe de desenvolver o illamento, tanto para o propio paciente como para a súa contorna”.

Os traballadores sociais xa están a ser rastrexadores en comunidades como Aragón. O COTSG explica que esta idea xorde para “dar cobertura á necesidade de poder conter o virus na medida do posible, realizando unha labor de rastrexo con exhaustividade, pero sen esquecer outras habilidades como a empatía e o respecto”. Con esta iniciativa, din, os profesionais do Traballo Social desenvolverían un papel “como pezas chaves na resolución da crise que estamos a sufrir”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s