A Coruña recoñece aos seus mellores alumnos da selectividade

As nove alumnas e alumnos coruñeses co mellor expediente nas probas ABAU foron recibidas esta mañá no Concello pola alcaldesa, Inés Rey. A rexedora recoñeceu así, en nome da cidade, o seu esforzo e o seu traballo durante este curso marcado pola pandemia COVID-19. O alumnado, acompañado no acto por familiares e profesorado, recibiu un obsequio que lle foi entregado pola alcaldesa.

Inés Rey lembroulles que serán a xeración que realizou a  ABAU post pandemia, a que non puido finalizar os seus estudos de segundo de Bacharelato nunha situación normal, pero tamén “a xeración que saberá o que é pasar momentos difíciles e o necesario que é esforzarse, non só de maneira individual, senón tamén en grupo para asumir os retos que temos por diante”, dixo.

“Seredes a xeración que poderedes contar que, a pesar da pandemia, do confinamento e dos falecidos, fomos capaces de saír xuntos,  e seremos capaces de seguir traballando para saír desta crise que estamos a vivir”. Animoulles a seguir esforzándose e formarse e, como non, a gozar da súa etapa universitaria. E, por último,  pediulles que, unha vez que finalicen os seus estudos, regresen á A Coruña, e  traballen con todo o seu talento para a cidade.

Así, a alcaldesa sinalou a obrigación das administracións de fomentar e favorecer o talento para que despois redunde no beneficio da cidade e confía en que “o voso futuro estea na cidade”.

Tamén lles agradeceu ás nais e aos pais e ao profesorado o seu labor no éxito acadado polo alumnado, e quixo destacar de maneira especial o papel das mestras e dos mestres “aos que non hai que que esquecer”, finalizou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s