Aprobado o regulamento que fai gratuítas as escolas infantís municipais

O Pleno municipal aprobou onte o novo regulamento que rexerá as Escolas Infantís Municipais. A norma contempla a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos a partir do vindeiro curso en todas as prazas existentes, que suman máis de 800.

O voceiro socialista, José Manuel Lage Tuñas, agradeceu as achegas de distintos colectivos á versión final do regulamento, e recoñeceulle á Marea Atlántica a súa disposición para acordar o texto final.  Para o voceiro do Goberno, as familias contan agora con “escolas máis inclusivas, integradoras e participativas” e agradeceulles as directoras dos centros un labor “que fai posible que a Rede de Escolas Municipais sexa un referente en toda Galicia”. Lage apuntou que o novo regulamento representa un primeiro paso na mellora das escolas e asegurou que o Goberno local seguirá apostando polo público.

Entre as próximas iniciativas, farase un informe económico para estudar a viabilidade de reducir as ratios de alumnado por aula e, como tamén solicitou o BNG, instaurarase un protocolo sanitario.

Outros asuntos
A Corporación Municipal aprobou, por unanimidade, a designación do parque Ofimático como Xuxán. O Goberno local comprometeuse, durante o debate da designación do novo barrio, a convocar unha Mesa de Traballo para abordar as afeccións urbanísticas derivadas do desenvolvemento construtivo da zona. O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reunirase coa veciñanza  para buscar unha solución á cualificación dos terreos e analizar as finalización das obras pendentes no polígono.

O Pleno deulle luz verde ao novo rueiro para Xuxán, proxecto nado 1990 como destino para la localización empresas tecnolóxicas  -de aí o nome de parque Ofimático- pero que mudou de usos. Longarela, Galán, Agrelo, A Canteira, Campo de Galán e A Viña son os outros nomes elixidos para nomear as vías principais do barrio co fin de manter viva a memoria do lugar.

Por outra banda, a Corporación aprobou, coa abstención do PP e Marea Atlántica, o expediente de recoñecementos extraxudiciais de obrigas para imputar ao orzamento de 2020 para pagar facturas pendentes por valor de 1,7 millóns de euros coa compañía de Tranvías, facturas derivadas da bonificación que realiza aos concellos en cada viaxe aos usuarios que empregan a tarxeta Millenium ou posúen algunha tarifa especial. Tamén aboaranse facturas pola xestión dos residuos urbanos na planta de reciclaxe de Nostián no 2019. O voceiro do Goberno local recordou durante o debate que o Concello da Coruña é o primeiro en Galicia en licitación de obra pública.

Por outra banda, a Corporación debateu tamén dous expedientes de modificación de créditos, para afrontar diversos gastos, derivados en boa parte dos efectos da pandemia. O primeiro dos modificativos foi aprobado cos votos do PSOE e Marea, tras acordar unha emenda que contempla partidas para distintas entidades culturais e deportivas, e abstención dos restos dos grupos. O modificativo M3/2020 destina 443.039 euros para financiar os labores de desinfección de espazos públicos a causa da COVID-19, incrementar o contrato de servizos de control sanitario de animais, e para o mantemento do sistema de control da capacidade nas praias.

Tamén achega 78.500 euros para reequilibrar as contas das Escolas Infantís Municipais, afectadas polas perdas ocasionadas durante a pandemia da COVID-19. O segundo unifica os dous convenios asinados coa Academia Galega do Audiovisual, sen que varíe a cantidade asignada a esta entidade: 104.500 euros. E achega 50.000 euros a unha execución conxunta de creación de hortos urbanos.

O pleno, de carácter extraordinario, aprobou finalmente os catro puntos levados polo goberno local ao debate, dous deles por unanimidade e os outros dous sen votos en contra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s