Monte das Moas, peonil dende hoxe

O tramo que vai da avenida da Concordia á rúa Ángela Blanca Soto da rúa Monte das Moas é peonil dende hoxe. O Concello tomou como modelo o que se utilizou na reconversión das rúas Compostela e Alcalde Marchesi para este cambio. A vía deixa de soportar a circulación de vehículos, agás a dos destinados á carga e descarga, que poderán transitala até as once da mañá, tal e como se autoriza nas demais rúas peonís da cidade.

Monte das Moas será peonil até o 15 de setembro, pero pode rematar séndoo definitivamente, seguindo o plan Coruña Camiña. Trátase dunha vella reclamación da Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros.

O Plan de Mobilidade do concello incluirá a reforma dos Cantóns, de parte do Paseo Marítimo e de arterias emblemáticas como Santo André, a favor dunha mobilidade en que “A Coruña camiñe” por zonas verdes e amables e non circule en coche a máis de 30 Km/h.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s