O Dépor pon a Tebas no punto de mira

O presidente do Deportivo, Fernando Vidal, acompañado polo conselleiro Ricardo González e o asesor xurídico do Club, Óscar Rama, compareceron logo da resolución do Comité de Competición de que se dispute o Dépor-Fuenlabrada sen prexuízo de todas as frontes abertas na defensa do Club ante a propia Federación. Fixérono para apuntar cara á responsabilidade de Javier Tebas, presidente de LaLiga, en toda esta situación.

“Nós sempre sostivemos o non xogar este partido se non se disputaba o resto da xornada, cousa que nestes momentos é materialmente imposible, pero por mor da resolución que chegou onte do Comité de Competición da RFEF, temos abertas, independentemente do resultado do partido, todas as vías (anulación da xornada, repetición da mesma, incumprimento por parte do Fuenlabrada do réxime disciplinario da RFEF, entre outras)”, sinalou Vidal. Denunciou que “ao que nos pretendían abocar era a que incumprísemos, a que non nos presentásemos ao partido porque nos restarían 3 puntos e aínda que nos desen a razón na RFEF, TAD ou xulgados, non valería para nada”. Xa que logo, sinalou que “é por iso, por salvagardar os intereses do Deportivo en todo o proceso aberto, no que cremos que temos moita vida e argumentos, polo que imos disputar este partido con todas as condicións que teñamos, sen incumprir en ningún momento ningunha norma”.

“O Deportivo é vítima involuntaria, do mesmo xeito que outros clubs, dun circo montado desde LaLiga”, denunciou Vidal, considerando que se trata dunha “conduta partidista que só beneficia a un Club” e cun “manifesto abuso de autoridade arbitrario”.

Por iso, e nesa liña, Fernando Vidal notificou que “remitiremos un escrito á presidenta do Consello Superior de Deportes, solicitando a inhabilitación de Javier Tebas Medrano e a súa separación do cargo como presidente de LaLiga en base a tres alicerces fundamentais: abuso de autoridade, non inhibición nun claro caso de conflito de intereses e incumprimento reiterado da normativa de Liga e regras de competición que non fixeron outra cousa que adulterala”. Xa na quenda de preguntas profundou na súa visión da actitude do presidente de LaLiga: “cometeu un erro humano nun momento de precipitación e apuro, pero ten que buscar solucións”. “A resposta do señor Tebas foi a de sempre: eu aquí fago o que me dá a gana”, lamentou, “cando hai que recoñecer que é un executivo moi ben pago pero os donos de LaLiga son os clubs de fútbol”.

Álex Bergantiños, declarando
O Fuenlabrada anuncia accións legais logo da publicación dun audio na COPE que atribúen ao capitán deportivista, Álex Bergantiños, no que se escoita unha voz que defende un “paripé” no partido contra o Fuenlabrada, asegurando que “para non perder o partido o mellor é presentarse”. O equipo madrileño cre que este audio demostra unha actitude anticompetitiva do Dépor e que desvirtuaría o partido programado para hoxe. Bergantiños prestou declaración esta mañá na Policía Nacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s