Volve o Concurso de bandas e solistas de CUAC FM

A radio comunitaria da Coruña vén de convocar un ano máis o seu Concurso para bandas e solistas, que nesta vixésimo segunda edición repartirá 2.600 euros en premios. Trátase xa dun proxecto veterano e dunha clara aposta por parte de CUAC polo apoio ao talento musical. Dende os seus comezos en 1997 foise consolidando como un dos concurso máis lonxevos a nivel estatal e o máis veterano de toda Galicia.

Pódense presentar ao concurso artistas de toda España. O prazo de inscrición finaliza o 15 de setembro. Dende a organización sinalan que “o concurso pretende contribuír para a proxección de proxectos aínda non consolidados”. Por ese motivo, pon como límite para poder presentarse non ter editadas máis de 15 canciones propias. 

O día 5 de decembro, a tradicional Batalla de Bandas celebrarase na Sala Mardi Gras. Alí repartiranse o primeiro e o segundo premio, cuxa dotación é de 900 e 800 euros respectivamente. Grazas á colaboración do Concello, outorgarase un premio extra que recoñecerá á Mellor Banda Local, para bandas ou solistas da Coruña. Para optar a este premio, un mínimo da metade dos compoñentes dunha banda deben estar empadroados na Coruña. Os proxectos premiados en cualquier edición anterior non poden concorrer novamente este ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s