A Xunta non pechará a Coruña

Foto de Alberto Núñez Feijóo.

O comité técnico de Sanidade xuntouse na mañá de hoxe ante o incremento de casos de COVID-19 na área sanitaria coruñesa. O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, comapreceu para anunciar as decisións tomadas e informou de que non se restrinxirá a mobilidade na área sanitaria. Feijoo recoñece que era previsible que a situación empeorase coa apertura de fronteiras internas e externas, “tal e como nos advertiron os expertos”.

Por este motivo, dixo, nesta área manteranse as restricións implantadas nos últimos días en relación á prohibición do ocio nocturno; limitación das reunións privadas ata un máximo de 10 persoas; redución do aforo ata o 50% nos comercios e hostalería; restrición das visitas e saídas de usuarios de residencias; e peche dos centros de día.

Como novidades, o titular da Xunta avanzou que se intensificará o rastrexo dos casos, cun aumento das PCR e a posibilidade de levar a cabo un cribado aleatorio entre os sectores da poboación máis afectados. A este respecto, cabería a posibilidade de incrementar ata as 1.200 as probas PCR que se realizan na área de Coruña.

Do mesmo xeito, Feijóo sinalou que se solicitará aos concellos e a Delegación do Goberno que, a través das súas policías locais e Forzas de Seguridade do Estado, estean vixiantes e proactivos ante a necesidade de reforzar as medidas de control.

Ademais de todo o anterior, o presidente do Goberno galego trasladou outras dúas medidas que se están a analizar nestes momentos: a posibilidade de restrinxir o número de acompañantes aos enfermos hospitalizados na área sanitaria da Coruña e a posibilidade de ampliar a restrición do ocio nocturno a máis zonas de Galicia.

Sen restricións de mobilidade, de momento
Por outra banda, Feijóo adiantou que, polo momento, non se prevé establecer medidas de control xeral da mobilidade, sen prexuízo de que isto poida variar nos vindeiros días: “O comité clínico volverá reunirse dentro dunha semana para decidir se se manteñen, suavizan ou incrementar as medidas”, aseverou.

A maiores, o comité clínico tamén analizou un protocolo de actuación relativo aos traballadores temporeiros, con medidas de prevención e control que cobran especial relevancia coa recolección de froitos e a vendima no próximo mes.

Sen fumar na rúa
Finalmente, outra das cuestións abordadas foi a prohibición, en toda Galicia, de fumar nas rúas e terrazas cando non se poida manter a distancia de seguridade.

Ao longo da súa intervención, o mandatario galego volveu insistir na necesidade dunha reforma legal que permita ás CCAA ter autoridade e adoptar medidas con respaldo legal no ámbito da Lei orgánica de saúde pública. Unha reclamación que xa fora trasladada en todas as conferencias de presidente e que hoxe, sinalou, “é un clamor”.

O presidente da Xunta rematou a súa intervención agradecendo aos profesionais da sanidade pública o seu labor profesional e compromiso e facendo un chamamento á responsabilidade individual, especialmente aos máis novos: “O virus non colle vacacións. Non podemos baixar a garda”, finalizou.

Neste momento, a área sanitaria da Coruña concentra máis da metade dos casos activos en Galicia, 827, cun total de 463. No Chuac hai 28 pacientes ingresados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s