Oitenta novos casos de COVID-19 na área sanitaria

O Servizo Galego de Saúde comeza a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19. Imaxe da práctica dun test a un paciente do Centro de Saúde de Val do Dubra (A Coruña), 23/04/20.

A área sanitaria da Coruña pasou en 24 horas de 463 a 544 positivos por COVID-19, un notable aumento que mantén a área como a máis afectada en Galicia e a que concentra máis da metade dos casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 938, con 93 da área de Lugo, 60 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.

Estes datos chegan logo da comparecencia de onte de Alberto Núñez Feijoo na que expuxo unha serie de medidas para facer fronte á pandemia -como a restrición do lecer nocturno, a limitación de visitas aos hospitais a familiares directas e a prohibición de reunións privadas de máis de 10 persoas e o aforamento ao 50% en tendas e centros comerciais- pero non alterou a mobilidade na Coruña.

O portavoz do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, considerou ao respecto que “o presidente da Xunta perdeu unha boa oportunidade para explicar que está disposto a facer, en uso das súas competencias,  exclusivas en materia de saúde pública, para facer fronte á Covid-19  na área sanitaria da Coruña”. Lamentou que o presidente se limitase “a descargar as responsabilidades nos demais”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s