Esténdense a toda España as medidas da área da Coruña

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, compareceu esta mañá logo dunha xuntanza de urxencia coas autonomías. Illa anunciou once novas medidas e tres recomendacións para conter a repunta dos casos de COVID-19. Entre as medidas decrétase, como na Coruña, o peche do lecer nocturno e a prohibición de fumar en espazos abertos cando non poida manterse a distancia de dous metros entre persoas. Ademais, incrementaranse os controis sobre os botellóns.

As tres recomendacións do ministerio de Sanidade son as seguintes: limitar os encontros sociais ao grupo de convivencia próximo, que estes encontros non superen as 10 persoas e que os centros sociosanitarios fagan PCR frecuentes aos traballadores.

Nas últimas horas houbo case 3.000 novos casos en toda España, e morreron 26 persoas. Son cifras de contaxios que nos retrotraen ao mes de abril. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 73 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 42 da de Santiago, e 35 da de Ferrol. Na área da Coruña son máis de 70 novos casos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s