Pesar polo falecemento de Javier Novelle, divulgador da ciencia na cidade

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias informou esta tarde do falecemento do seu presidente, Javier Novelle. A entidade recorda que sempre lle estará agradecida “por investir o seu tempo e esforzo en mellorar o mundo en que viviu, achegando a ciencia á sociedade con xenerosidade e dedicación”. Novelle, cuarto presidente da entidade, morreu un día antes de cumprir os 70 anos. Asturiano de nacemento, estivo sempre ligado á Coruña.

Javier Novelle distinguiuse polo seu traballo a prol da difusión do coñecemento. Para moitos veciños e veciñas da cidade, o seu nome está ligado á Ciencia en la Calle, a actividade coa que dende 1996 se achega á mocidade ao coñecemento e experimentación científica.

O Concello da Coruña tamén lamentou a perda do presidente da Asociación Amigos Casa das Ciencias, salientando que “as coruñesas e coruñeses estarán sempre en débeda con el pola súa dedicación na mellora do mundo e polo seu labor na achega da ciencia á sociedade desde a súa xenerosidade”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s