
O Goberno local xa conta co informe favorable de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para o proxecto de reurbanización na contorna do lavadoiro e a fonde de San Vicente de Elviña.
Haberá que facer expropiacións. Unha decisión que obedece a unha petición da veciñanza ao Concello, concretamente da Asociación de Veciños dos Rexumeiros, despois de reunirse o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, JUan Manuel Díaz Villoslada, e o seu equipo con esta entidade e presentarlle o proxecto. Neste encontro, o pasado mes de outubro, a asociación propuxo unha serie de cambios que foron acollidos pola Concellería no proxecto. Posteriormente, presentouse o proxecto ao servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e tomouse a decisión de que neste punto reubicarase o cruceiro que actualmente está situado nun ámbito secundario e con moi pouca presenza.
O proxecto supón unha mellora ambiental da contorna, a recuperación da antiga fonte de San Vicente de Elviña e a eliminación de elementos desconformes do lavadoiro. Tamén mellorará a mobilidade peonil e estancial en todo o espazo público ao unificar a contorna do lavadoiro ao carón da estrada provincial coa contorna do local social.