A comisión de Dereitos Humanos di que a policía “disparou a matar o coruñés” Diego Bello

Novo avance no caso da morte de Diego Bello. O coruñés foi tiroteado o pasado 7 de xaneiro na illa de Siargao, en Filipinas, por axentes da lei. Atribuíronse os feitos a un caso de tráfico de drogas. Cabe lembrar que o goberno filipino permite abrir fogo en situacións de contrabando de estupefacientes.


Con todo, desde o primeiro momento, desde a súa familia e a súa contorna máis próxima desmentiron que Diego Bello consumise ou traficase con ningún tipo de substancia. O novo empresario posuía un hostal, un coñecido bar de copas e unha tenda na zona e xeraría envexas entre un sector da poboación local.


Agora, a comisión de Dereitos Humanos de Filipinas concluíu que “a policía disparou deliberadamente a matar o coruñés” Diego Bello. A investigación levouse a cabo entre xaneiro e xullo e descarta que Bello disparase primeiro aos axentes, tal e como estes relataron.

Este informe dá esperanzas á súa familia para que se faga xustiza. Supón un novo xiro no caso despois de que a Audiencia Nacional arquivase a causa por non ter competencias nesta materia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s