A Garda Civil decomisa en Alvedro 4.700 euros en “viagras”

O Destacamento Fiscal da Garda Civil do Aeroporto de Alvedro, cando se atopaba na zona de chegadas con motivo da realización dun punto de verificación fiscal para o recoñecemento selectivo de equipaxes de adega, proceden á identificación dunha pasaxeira dun voo procedente de Madrid en conexión con voo orixinario de Santo Domingo, tratándose dunha veciña da Coruña de 36 anos de idade . Ao ser requirida a mostrar o contido das súas dúas maletas e no proceso de revisión das mesmas na súa presenza, obsérvanse varios vultos de roupa envolta con cinta adhesiva, que resultan sospeitosos. Ao cortar as cintas adheridas ás pezas áchanse ocultas 484 pastillas de Sildenafil-100 e 30 sobres de Durofil-100 líquida, sen presentar nin acreditar a súa tenencia ou circulación das mercadorías nas oficinas de aduanas ou nos lugares habilitados pola Administración aduaneira.

O sildenafil serve para tratar a disfunción eréctil porque aumenta o fluxo sanguíneo cara ao pene durante a estimulación sexual. Ese aumento do fluxo sanguíneo pode provocar unha erección. O sildenafil trata a HTP ao relaxar os vasos sanguíneos dos pulmóns para permitir que o sangue flúa con facilidade.

O valor aproximado dos produtos no mercado é de 4700 Euros.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s