BNG e PSdeG piden á Xunta máis medidas para frear a pandemia

A oposición no Parlamento galego insta á Xunta a aplicar máis medidas para frear a pandemia do Covid-19. Por unha banda, o BNG solicita que se declare a emerxencia sanitaria en toda a comunidade e que se limite a mobilidade na Coruña. Por outro, o PSdeG esixe coñecer o número de “rastreadores” exacto e denuncia a falta de transparencia nos datos.

960 casos activos na área sanitaria da Coruña

Os casos activos de coronavirus na área sanitaria da Coruña e Cee, a máis afectada de Galicia, crecen a menor ritmo que en anteriores xornadas e os 39 novos casos rexistrados este mércores elevan a cifra total de contagios na área a 960. Deles, 46 pacientes precisan hospitalización: catro permanecen na UCI e 40 en planta do Hospital da Coruña, no Hospital Quirón hai un paciente ingresado e outro no Modelo. Nas últimas horas rexistráronse ata 12 altas hospitalarias e ata 51 positivos nas 985 probas PCR realizadas onte, segundo os datos facilitados polo Sergas.

En Galicia, o número total de casos activos de coronavirus é de 1.623, con 118 máis con respecto a este martes. Se A Coruña é a área de maior afectación, con 960 casos, séguenlle Ourense con 145, Vigo con 138, Lugo con 136. As áreas de Santiago e Ferrol son as menos afectados, con 91 e 69 casos contabilizados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s