Sanidade dictamina novas restriccións en Arteixo polo coronavirus

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este venres máis restricións no concello coruñés de Arteixo ante un incremento importante de casos positivos por Covid-19, aínda que por agora non se cuantificou este aumento de contagios de coronavirus.

Entre as medidas adiantadas polo máximo responsable da sanidade en Galicia figuran que as reunións quedarán limitadas a “cinco persoas” cando non sexan conviventes e que en bares e restaurantes só poderase consumir nas terrazas.

Medidas iguais para o barrio da Milagrosa en Lugo

As medidas para tomar en Lugo son equivalentes ás que se manteñen desde hai semanas na área sanitaria da Coruña polo que se limitan as visitas ás residencias de maiores así como as posibles saídas dos usuarios. Tamén se paraliza a actividade dos centros de día.

As reunións quedan limitadas a grupos dun máximo de dez individuos, agás se son conviventes.

Con todo, as medidas máis restritivas aplicaranse no barrio da Milagrosa onde as reunións quedarán limitadas a “cinco persoas” non conviventes. Á súa vez, o Executivo autonómico tamén decidiu pechar o interior dos establecementos de bares e restaurantes polo que só poderase consumir nas terrazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s