Mónica Martínez entra no goberno local

Incorporación independente ao Goberno da cidade. O equipo capitaneado por Inés Rey suma a Mónica Martínez, que dende xuño operaba como concelleira non adscrita na corporación logo de darse de baixa en Ciudadanos, lista pola que se concorreu nas eleccións de 2019. Martínez garante, coa súa entrada, que o Goberno local terá maioría na Corporación durante o actual mandato, polo que todo apunta a un movemento destinado a garantir a estabilidade na xestión diaria e a aprobación dos sucesivos orzamentos.

A edil substituirá a Juan Ignacio Borrego á fronta da Concellería de Deportes. Borrego xestionará, en diante, as áreas de Seguridade Cidadá e Turismo. Estes ámbitos eran ata agora competencia de Diana Cabanas, quen asume Barrios, Mercados e Comercio.

Na mesma remodelación de gabinete, a alcaldesa, Inés Rey, despóxase das competencias en Seguridade Cidadá. Á súa vez, asume as de Cultura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s