Volven á Cámara os cursos presenciais

Actividade na Cámara en 2019

A Cámara de Comercio da Coruña renova a formación empresarial de forma presencial, actividades que van desenvolverse segundo os protocolos en materia de prevención sanitaria. A partir do día 14 deste mes e ata o vindeiro 9 de outubro terán lugar tres cursos organizados pola Cámara de Comercio en colaboración co Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Trátase dos cursos de Contabilidade e Análise de Balances, o de Xestión e Práctica Laboral e o de Tributación, I.R.P.F, IVE e Imposto de Sociedades. Os tres cursos están dirixidos a empresarios, contables, administrativos, comerciais, avogados, graduados sociais, xestores administrativos e perfís semellantes.

O vindeiro luns, 7 de setembro, ás 19.30h, terá lugar a presentación deste tres primeiros cursos nun acto que terá lugar na sede da Cámara da Coruña (C/Alameda, 30, 1º). Os cursos terán lugar no Centro de Formación da Cámara (C/Mendaña de Neyra, 3 ? lateral do recinto feiral de Expocoruña). Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información nos teléfonos 981 216 072 e 981 918 135, ou ben no correo formacion@camaracoruna.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s