A Deputación prepara un retorno seguro ás aulas

A Deputación da Coruña anunciou a posta en marcha dun plan de volta ás aulas nos IES Calvo Sotelo e Puga Ramón, así como no Conservatorio de Danzas. Este plan adapta as medidas contra a COVID-19 recomendadas polas autoridades sanitarias ás necesidades específicas dos centros educativos, e inclúe unha serie de medidas e investimentos que se levarán a cabo nos tres espazos como son a instalación de medidas de protección nas oficinas e o investimento para dotalos de material de protección individual, xeles desinfectantes, produtos desinfectantes e sinalización de espazos. Por outro lado, está perfilado un plan que permitirá á mellora dos servizos telemáticos (cámaras web, ordenadores, etc.) prevendo que unha situación de volta ao confinamento non repercuta nunha minoración da calidade educativa.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Educación, Sandra González, reuníronse hoxe cos directores destes tres centros educativos dependentes da administración provincial para coñecer os avances e as necesidades dos centros de cara ao vindeiro curso. Logo do encontro, González Formoso amosouse satisfeito do traballo realizado pola deputada de Educación e os equipos directores dos centros educativos para garantir “a máxima seguridade na volta ás clases” e detallou que ampliación do cadro de persoal docente, o reforzo dos servizos de limpeza e desinfección e a ampliación de horarios para garantir sempre un ratio inferior aos 25 alumnos por clase son algunhas das principais medidas tomadas, ás que se suman outras como a posta a reorganización interna dos servizos da Deputación para que os centros podan contar con servizos de Enfermería. 

“Para garantir unha volta ás clases segura é imprescindible a colaboración de todos os axentes implicados. As institucións debemos encargarnos de poñer ao alcance dos centros os medios necesarios e necesitamos a colaboración do profesorado e do alumnado para que a execución do protocolo sexa un éxito”, afirmou González Formoso.

Pola súa parte, Sandra González explicou que “a Deputación traballou en esterita coordinación cos equipos educativos para que este Plan de volta aos centros de ensino sexa o máis seguro para toda a comunidade educativa”.

No caso concreto do IES Calvo Sotelo o protocolo inclúe o reforzo do servizo de limpeza para levar a cabo varias desinfeccións diarias de todos os espazos do centro. Como medidas de protección instalaranse mamparas de separación nos talleres e o ratio non superará en ningún momento os 22 alumnos por aula. Para conseguir isto último, estableceuse unha ampliación de horarios polas tardes o que permite unha distribución máis segura do alumnado. Ademais, haberá horarios de entradas e saídas por grupos, algo que tamén se fará nos recreos. O centro contará tamén cun servizo de enfermaría que estará activo de luns a venres durante todo o curso.

A residencia de estudantes IES Calvo Sotelo tamén contará co seu propio protocolo, controlándose a temperatura dos residentes 3 veces ao día e habilitando 3 habitacións para posibles illamentos preventivos. No caso do comedor, a comida servirase envasada individualmente e separarase ao alumnado residente co de media pensión en diferentes zonas.

Para o IES Puga Ramón, que é o centro con maior alumnado con 19 grupos divididos entre a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato, contrataranse tres docentes para reducir o rateo recomendado pola Xunta de Galicia e rebaixando así de 25 o número de alumnos e alumnas por clase. Intensificarase o servizo de limpeza para lograr unha correcta desinfección dos espazos e  tamén contará cun servizo de enfermaría durante todo o curso.

Por último, no Conservatorio de Danza a volta ás clases tamén cumprirá co protocolo establecido polas autoridades sanitarias. Para isto, estableceuse unha ampliación do horario e procedeuse á contratación de persoal para garantir a desinfección de zonas comúns e das aulas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s