Impulso á promoción exterior das empresas locais

A Cámara de Comercio e o Concello presentaron esta mañá unha serie de actuacións encamiñadas a contribuír á promoción de empresas cara ao exterior que porán en marcha conxuntamente. A presentación, a cargo da concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva M. Acón, tivo lugar no Centro municipal de empresas Accede Papagaio.

O Departamento de Promoción Económica e Comercio levará o peso da iniciativa, xa que desenvolverá actividades como un servizo de asesoramento ou mentorización especializado destinado a persoas emprendedoras que recibirán apoio nas áreas de internacionalización e comercio electrónico.

A concelleira explicou que, ademais desta actividade, o convenio contribuirá á execución da realización da VII edición de Exporpymes, evento que está levando a cabo a Cámara nos últimos ano co obxectivo principal de que as empresas amplíen a súa clientela noutros mercados e preparar, formar e informar sobre temas de internacionalización e de mercados.

Acón destacou o labor desenvolto pola concellería no ámbito do emprendemento. O concello, lembrou, “conta con dous centros de empresas e unha ampla oferta de talleres formativos”, que a COVID-19 obriga a desenvolver online. Recordou que as empresas teñen á súa disposición o equipo técnico de Promoción Económica “para todas aquelas cuestións que precisedes para avanzar no voso camiño empresarial”.

Faranse, baixo o paraugas deste convenio, charlas ou talleres formativos en materia de internacionalización de negocios e comercio electrónico que se realizarán tanto no Centro Accede Papagaio como no de Agrela. Ademais, a Cámara Oficial de Comercio desenvolverá pílulas informativas en materia de internacionalización e comercio electrónico, que incluirán información básica para coñecer e iniciarse en temas como comercio electrónico, exportacións, repercusións fiscais da exportación ou importación etc. Estas pílulas colgaranse na web municipal para achegar estes asuntos ás empresas que queiran introducirse na materia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s