O Traballo Social pide á Xunta que non obvie a “parte social” na volta aos colexios

O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) advirte de que a Xunta está a “obviar completamente” a parte social na volta aos colexios das e dos nenos galegos. Isto refléxase en que, desde a administración, “non se fixo ningún esforzo nin planificación para contratar equipos que poidan encargarse das xestións relacionadas coa covid-19, os seus gromos e as súas consecuencias psicosociais”. Desde a Xunta de Goberno explican que noutras comunidades, “como por exemplo Aragón”,  si que están a contratar ese tipo de equipos sociais que deben ser “multidisciplinares” (no caso de Aragón están compostos por un profesional do traballo social e un docente).

A Xunta de Goberno afirma que “os equipos docentes son insuficientes para abordar a problemática derivada da pandemia” e que a “xestión da covid-19, a dos problemas sociais, emocionais ou posibles conflitos familiares debería levala este tipo de equipos de profesionais do social en coordinación co SERGAS”. “O obxectivo”, din, “sería apoiar aos centros nesta tarefa e tamén desenvolver unha labor social, pois estarían presencialmente nos centros, falando, resolvendo dúbidas e orientando e facendo mediación coas familias”. Desde o COTSG cren que “é un instrumento indispensable para un curso escolar que vai estar marcado pola crise sanitaria e social, a inseguridade e as dúbidas”.

A entidade remarca que “non é responsabilidade dos colexios asumir a responsabilidade da xestión sanitaria que se poida producir cun gromo no centro. A tarefa das e dos docentes é impulsar a actividade educativa e pedagóxica no alumnado que vén de estar 6 meses sen socialización coas e cos seus compañeiros”.

Desde a Xunta de Goberno do COTSG afirman que a Xunta debe “recapacitar” e “contratar equipos multidisciplinares con profesionais do social para mellorar un curso que vén cheo de incertidumes”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s