Malestar municipal ante a “improvisación” da Xunta co ensino

A alcaldesa, Inés Rey, volveu denunciar esta mañá o que considera “improvisación” da Xunta á hora de preparar a volta ás aulas nos centros públicos de toda Galicia. “Despois de cinco meses, a Xunta tería que ter previsto un protocolo de retorno ás aulas tanto nos colexios de Primaria como nos institutos que lles dea tranquilidade e certezas as familias e ao persoal docente e que sirva para garantir a seguridade da comunidade educativa”, sinalou a rexedora, para quen o Goberno de Feijoo está “deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos”.

Ademais, esixiulle ao novo conselleiro de Educación que lle transfira aos concellos os fondos que a Xunta recibiu do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID e podermos asumir deste xeito esas competencias que non son dos concellos.  “Se queren que desinfectemos os centros que nos dean os medios e os fondos necesarios para poder realizar os labores de desinfección que están obrigados a realizar eles”, dixo.

Tamén lembrou que, a pesar de non ter competencias en materia educativa, o Goberno local está a traballar cos centros na organización das entradas e saídas dos colexios, executando obras para habilitar máis accesos e cedendo espazos públicos para garantir as distancias esixidas pola administración autonómica. “Démoslles aos colexios solucións que non lles deu a Xunta que é quen ten competencias en Educación, pero o Concello non deixará de lado aos centros, as familias e as e os docentes, polo que asumiremos competencias que non son nosas”.

O Goberno local, explicou a alcaldesa, irá desenvolvendo distintas actuacións para garantir os protocolos da Xunta. Ata o de agora o Concello puxo a disposición de centros Eusebio da Guarda espazos públicos co fin de que as nenas e nenos dispoñan dun maior perímetro para o lecer e ofreceulle á Xunta espazo no centro Ágora para que o IES Agra do Orzán poida contar con máis aulas e garantir as medidas de seguridade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s