A Coruña sitúa como obxectivo a transformación dixital

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, participou hoxe en Madrid na reunión da directiva da Red Española de Ciudades Inteligentes (RECI), un organismo de ámbito estatal xurdido no ano 2011 e que agrupa hoxe a 83 cidades de máis de 50.000 habitantes e 34 urbes españolas por debaixo desa cifra de poboación.

Nese foro, celebrado por vez primeira tralo impacto da pandemia, Lage Tuñas destacou o papel dos concellos para facer fronte ás consecuencias do Covid-19 e reivindicou, no nome do Goberno municipal de Inés Rey, a posibilidade de empregar por parte dos consistorios o Fondo Europeo de Reconstrución para facilitar a transformación dixital das cidades españolas.

José Manuel Lage defendeu o importante traballo que está a facer a entidade pública Red.es dependente do Ministerio de Economía que dirixe Nadia Calviño. As acción da RECI organízanse a través de tres grandes grupos de traballo:  Goberno, Innovación Social e Economía Intelixente;  Calidade verde: sostibilidade e infraestruturas;  Dixitalización e intelixencia artificial.

A Coruña será a encargada de coordinar -xunto co Ayuntamiento de Logroño- o primeiro dos tres grupos, no que figuran tamén como coordinadores temáticos Palma de Mallorca e Benidorm.

Entre os obxectivos promovidos por dito grupo figuran o de promover a xestión eficiente nas cidades, a innovación vinculada ás novas ferramentas tecnolóxicas e o impulso á implantación de plans estratéxicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s