O BNG critica o estado do Punto Limpo dos Rosais

O enreixado que fecha o acceso ao Punto Limpo dos Rosais presenta un mal estado, con ocos na súa parte inferior que non garanten a necesaria seguridade do recinto, segundo sinalan dende o BNG. O portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, vai formular unha pregunta por escrito ao Goberno Local.Interésase por saber en primeiro lugar se o executivo coruñés é coñecedor desta situación e, en caso afirmativo, pregúntalle por que non se ten amañado a contorna do Punto Limpo.

Estima o voceiro nacionalista que en todo caso o Goberno Local debe demandarlle á empresa que xestiona esta instalación que amañe o cerrado do Punto Limpo para que non se produzan “entradas indesexadas” no recinto que mesmo puidesen resultar no roubo dos residuos alí depositados, coas negativas consecuencias que para o medio ambiente se poderían derivar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s