‘Vuela más alto’ reúnese co Concello

O concelleiro de Turismo, Seguridade Cidadá e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, reuniuse esta mañá coas persoas representantes da plataforma coruñesa Vuela Más Alto no Pazo de María Pita, co fin de abordar a potenciación do aeroporto de Alvedro e o impulso de novas rutas e destinos. No encontro, Borrego asegurou que as dúas partes teñen “idéntico interés en que se recupere a tendencia de crecemento que o aeródromo presentaba antes da pandemia”.

Ambas as partes intercambiaron datos para dispoñeren de información actualizada que permita realizar actuacións que garantan o futuro do aeródromo coruñés. Juan Ignacio Borrego tamén quixo destacar neste encontro a convocatoria da próxima Mesa Institucional e Sectorial para Alvedro, que o Concello da Coruña impulsará para a análise da situación do aeroporto e as alternativas de futuro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s