O persoal de Alu Ibérica volve denunciar incumprimentos do grupo xestor

O persoal de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, volveu saír hoxe á rúa para denunciar os incumprimentos do Grupo Riesgo, que actualmente xestiona a factoría. O comité de empresa esixe a implicación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, que xunto ao Goberno asturiano tutelaron o proceso de venda das factorías de Alcoa da Coruña e de Avilés.

Segundo o comité de empresa, desde que se produciu a venda son constantes os incumprimentos, comezando pola propia titularidade das instalacións. Segundo o contrato de compravenda entre Alcoa e o grupo industrial Parter, as fábricas non se podían revender a unha terceira parte. Porén, o fondo suízo vendeulle este ano ao redor do 74 % do capital ao Grupo Riesgo.

Desde a representación legal dos traballadores entenden que isto se produciu porque as Administracións implicadas non fixeron un control axeitado do proceso. Con todo, non é o único incumprimento. Case trece meses despois da venda de Alcoa a Parter, os prometidos investimentos non chegan «nin hai indicios que nos fagan pensar que a factoría teña futuro», lamentan.

“Actualmente estamos cunha produción en mínimos, do 10 % da capacidade. As Administracións deben intervir no proceso que tutelaron, esixir un plan industrial e garantir o emprego máis aló dos dous anos que están asinados”, insisten desde o comité.

Incumprimentos laborais
Tamén hai incumprimentos no ámbito laboral, con puntos do convenio que non están a ser respectados pola empresa. «Falamos de abonos salariais a algúns compañeiros ou beneficios sociais como a axuda de transporte», apunta a representación legal dos traballadores.

Expediente sancionador
As relacións laborais tamén están nun momento moi complicado, porque “a empresa nin sequera facilita as reunións para tratar as cuestións do día a día”.Sinalan que “utilizan todo tipo de tácticas para lle meter medo ao persoal e impedir as protestas, mentres seguen a conculcar os dereitos adquiridos por convenio”, denuncian desde o comité.

O último episodio destas características é o anuncio de apertura de expediente sancionador para o presidente do comité de empresa da Coruña, Juan Carlos López Corbacho, e para catro membros do comité de Avilés, incluíndo tamén o seu presidente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s